domingo, 1 de abril de 2018

XA ESTÁ AQUÍ PREBE#6

Por fín podedes ver e ler a revista PREBE, número 6, que este ano adica moitas páxinas a que exalumnos de artes nos falen das súas experiencias despois de saír do instituto.
Este ano teremos as interesanísimas reflexións/historias/experiencias de Ariadna Silva, Manuel García, Abel Carbajal, Sara Valcárcel e Catarina Barcala...e o ano próximo, unhas cantas máis...disfrutade de Prebe 6, que pronto poderedes ler en papel. Os alumnos de 4º ESO venderán algúns exemplares da revista ara cofinanciar a súa viaxe de fín de estudos obrigatorios a Roma...


lunes, 29 de enero de 2018

VISITA Á CIDADE ETERNA

Entre os días 7 e 11 de maio de 2018, un grupo de 44 alumnos e 3 profesores viaxaremos a Roma.

Roma é a capital da rexión do Lazio e da República de Italia, E unha das metópolis máis antiguas, e posiblemente a cidade que atesora máis bens culturáis, arquitectónicos e históricos de todo o mundo.
Foi o centro do imperio romano, cuna da cultura europea e tamén do mundo católico, e contén dentro dos seus límites municipáis o estado Vaticano, sendo a única cidade con esta peculiaridade.
Roma é unha capital caótica e diversa, alegre e impoñente, é un enorme e polvoriento espello onde mirar cara a noso pasado e poder entender parte do que somos. Unha cidade chea de cousas que recoñeceremos e tamén chea de sorpresas, de espazos en constante evolución e de peculiaridades que a fan única.
Este é o noso plan para estes 4 días. Esta entrada irase modificando e concretando co transcurso dos días.

DIA 7. LUNEDI


Sairemos as 11:40 do aeroporto de Santiago e chegaremos as 14:20. Iremos desde o aeroporto ao hotel Floridia, preto da estación de Términi (45 Via Montebello) en bus (incluído na viaxe) e máis ou menos as 16 horas sairemos a disfrutar do noso primeiro día na cidade.





Sairemos camiñando cara a cidade antigua, pasando pola BASÍLICA DE SANTA MARÍA MAGGIORE, a só 10 minutos camiñando dende o noso hotel. Botaremos un vistazo a esta maxestuosa basílica papal.



Dalí iremos cara a Piazza Venezia, (20 minutos) dende onde veremos a Via do Foro Imperial e ao fondo, o Colosseo (ao que iremos outro día).






Nos dirixiremos ao edificio máis impresionante que un pode ver na súa vida: o Panteón de Agripa, onde podemos entrar gratis ata as 18 horas.






Logo iremos ata a Piazza Navona, praza barroca onde poderemos ver a increible fonte dos catro ríos de Bernini, escultor importantísimo en Roma, do que veremos moitas máis cousas...








Ata o momento teremos camiñado 3,5 km dende o hotel. Podemos volver en bus e estirar todas estas visitas, ou volver tamén camiñando e visitar estas outras maravillas:

A Fontana de Trevi, visita absolutamente imprescindible en Roma, escenario de películas coma A DOLCE VITA, de Fellini, e un dos lugares máis visitados no mundo.






A Praza Barberini, coa escultura do Tritone (tamén, que curioso, de Bernini).





Volveremos cara ao hotel, a descansar, xa que aínda nos esperan moitas máis cousas...


DIA 8. MARTEDI

Iremos a facer unha visita a un Instituto romano, o IC Guido Milanesi, un Isituto Comprensivo (ven ser coma un CPI galego) que está a uns 10 km do noso hotel.


Colleremos un tren Rexional en Termini, 0 7367 dirección Albano Laziale, e tras oito paradas estaremos alí, preto do acueducto romano (non moi coñecido polos turistas porque o que queda está lonxe do centro histórico) e non moi lonxe da Via Apia (calzada romana case intacta).


Os amigos romanos e a súa profesora, Federica Angelini, nos mostrarán cousas de Roma, entre elas a auténtica pizza que comen os habitantes da cidade eterna.
Cambiaremos impresiones cos alumnos e profes italianos. A duración desta visita está aínda por determinar, e cando remate iremos ao barrio do TRASTÉVERE.












Un precioso barrio, que semella un pobo, ao carón do Tévere, un dos dous grandes ríos entre os que xurdeu a antigua urbe de Roma.
A praza Trilusa e o Ponte Sisto serán os puntos dende os que nos "baixaremos" deste fermoso barrio para ir ao Tévere...




Cara a notiña, as beiras do barrio son un precioso lugar para pasear entre os postos de comida.
Teremos que volver ao hotel sobre as 9 para a cea. Dende o Trastévere podemos ir camiñando ou coller o bus H ou o 75 dende o Ministero da Publica Instruzione (o que ven a ser a Consellería de Educación Italiana)


DIA 9. MERCOLEDI

Está prevista unha visita ao Vaticano e a Basílica de San Pedro de Roma, onde teremos un guía de excepción, na cita que temos as 9 30. Teremos que pagar 6 euros por persona para entrar como grupo (non hai que facer cola) . Aínda que temos contratada a "visita básica", o noso guía mostraranos moitas cousas que non son accesibles á maioría do público, e contaranos moitas cousas de primeira man.

Se madrugamos podemos facer un interesante percorrido. Ir en bus 75 ata o Mirador do Gianicolo (tamén no Trastévere), e baixar camiñando ata a Basílica de San Pedro. As vistas dende o Gianícolo
son as mellores de Roma, e poderemos ver toda a cidade case a vista de paxaro.
A fonte do Gianicolo foi moi famosa o pasado verán, cando unhas turistas se bañaron nela, o que espertou unha polémica e unha furia antiturística na cidade, similar ao que aconteceu en Barcelona...así que xa sabedes, non vos bañedes na fonte...
Outra curiosidade do Gianicolo é o seu FARO. unha rara avis construida no século XX en honra aos emigrantes italianos en Arxentina (os italianos, coma os galegos, foron un pobo de emigrantes).

No Gianícolo está tamén o Instituto Cervantes e a Academia Española de Roma, onde cada ano varios artistas do noso país son becados para unha estadía artística na cidade, algo que ao mellor vos pode interesar nun futuro...







Tras a visita a San Pedro, podemos ir cara o río e ver o impoñente castelo romano de Sant Angelo
Cruzaremos o Tévere e iramos cara a Praza de Espagna, a zona das tendas de luxo na cidade, o sitio onde é mellor que non merquedes os regalos para as vosas familias ou os petos vos botarán fume...
Na praza, a barca de Bernini (non vos soa o nome) é un dos puntos de encontro da cidade.

Na escalinata xúntase a mocidade (e tamén algún que outro carterista, coidado...) e leva a unha igrexa, Trinitá dei Monti, que ten o seu parecido á nosa catedral...







Podemos volver xa a Termini camiñando e durmir agardando polo noso último día na cidade eterna...


DIA 10. GIOVEDI

Colleremos un bus o tranvía ata a CENTRALE MONTEMARTINI, un curioso museo situado no barrio de Ostiense, que xunto co de Testaccio, que tamén veremos hoxe, son os barrios emerxentes na cidade, barrios con movemento cultural actual.
Imos ver moitos grafitis e vibrante vida cultural. Empezando por este museo, que malia ser un museo de arte da Roma clásica, expón as obras (impresionantes, por certo) xunto a maquinaria industrial, creando un efecto curioso e inquietante.
A entrada ao museo son 10 euros.






De volta ao centro de Roma pasaremos por sitios moi interesantes, como o GAZÓMETRO, o Museo de Arte Contemporáneo xunto ao mercado de Testaccio, que forma un interesante complexo onde a xente "moderna" e creativa se xunta nesta cidade. Hai aquí unha curiosa iniciativa, no antigo matadoiro, a Citta della Altra Economía, un lugar onde se fan exposicións e eventos culturáis no que è o antigo matadoiro.
O Gazómetro, sede da empresa Italgas, é un dos símbolos (non coñecidos polos turistas) da cidade de Roma, que as veces ilumínase de noite, e ao carón do que tamén xurden interesantes graffitis, como a casa de BLU, que podedes ver aquí embaixo.
Curiosa tamén é a "pirámide romana" que o emperador CAIO CESTIO mandou construir cando visitou Exipto...




 







E terminaremos a mañá no Colosseo.
O "Balaidos" dos romanos, o coloso de máis de 2000 anos no que as loitas de gladiadores entretiñan as xentes da metrópole.
Aquí poderemos entrar (que queira) e tamén visitar o foro (quen queira, tamén), e establecer un punto de encontro para encontrarnos máis tarde.


E se temos tempo e gañas podemos coller o último tranvía e ir a un lugar moi tranquilo e bonito: VILA BORGUESE. Alí podemos disfrutar de paseos en barca, en coche a pedais, ou tamén practicar algo que non está nada mal como é o DOLCE NON FAR NIENTE, e despedirnos de Roma dende o mirador da Praza do Pobo...









Durmiremos (non moito) e esa madrugada, a iso das 6 horas, colleremos o avión de volta.
Quedarvos con este enlace onde iremos dando máis detalles.