martes, 11 de octubre de 2011

SON UNHA RAÍÑA...OUTRA VEZ




























































Para o pouco que podo moverme, a miña vida foi un continuo ir e vir, dos focos e o glamour ao máis fondo do pozo...e viceversa...eu renacín das cinzas, e podo contalo.
Cando era moi nova, traballei para os mellores, estaba no escaparate da Zara de Coruña, non de un Zara calquera, da PRIMEIRA tenda de Zara, era a máis importante das chicas do escaparate, a máis guapa, a máis alta, a máis delgada...todo quedábame ben, póñíanme as mellores roupas todos os días, e a xente mirabame a través do cristal...homes, mulleres, nenos, todos abraíabanse coa miña beleza.Añadir imagen
Pero un día, unha á que chamaban "encargada" dixo que eu estaba "defectuosa"...HA!!..defectuosa eu!!...seica esa vaca non ten espellos en casa, eu poderíame facer un abrigo coa súa celulite...
O caso é que, de alí a uns días, retiráronme do escaparte...leváronme a unha sala onde facía moito frío, espida, xa non me traían roupa, e ignorábanme totalmente, facíanme o vacío.
Un día viñeron dous rapaces...un chamábase Koke e o outro Mariano...déronlle uns cartos á vaca e leváronme dalí, xunto con dous amigas que tamén estaban "defectuosas"...
Cando ía con eles na furgoneta falaban de decorar un local ..que ben!!...pensei...outra vez ía ser unha estrela, a diva que sempre fun...
Cando cheguei ó local, estaba cheo de luces e colores, pero ao poñerme enriba da barra, ó que chamaban Koke, dixo que a miña pose non era suficientemente "provocativa"...pero, quen cría ese home que era eu?...puxeron á miña amiga na barra, e o outro home levoume dalí...
Os seguintes anos foron o meu total afundemento...agochada nun sótano, sen ninguén que admirase a miña beleza, morrendo de frío e angustía, soa...
Pero hai unhas semanas, o home que levou a ese sótano veu buscarme...xa estaba cambiado, pasaran anos...tiña o pelo corto, e cambiara de furgoneta, xa non era un rapaz...
Colléume e meteume nela, de malas maneiras e sen a delicadeza que merezo...como venganza por estes anos de sufremento, rompinlle un dente...pensei que me ía botar a un vertedeiro, xa todo dábame igual...

Pero non foi así, levoume a unha sala escura, onde pensaba que pasaría máis anos de aburremento e soidade...pero ó día seguinte, un potente foco acendeu de novo a luz do meu corpo...xa non lembraba esa sensación...alí, diante de mín, tiña varias persoas, xoves, rapaces e rapazas, que me miraban con admiración..."que delgada!!...que guapa!...que corpo!"..decían abraidos mentres me debuxaban, tentando captar a miña infinita beleza cos seus pinceis..
Ó día seguinte, viñeron outros a debuxarme tamén...cada un vía en mín cousas diferentes, interpretábame de distinta forma...xa era unha raíña outra vez..quen mo iba a dicir...
Vin moitos bos debuxos, o de un tal Miguel, o de Alberto, Diego, Paula, Alejandro...


Todos eles, ó seu xeito, fixeron que me volvera sentir outra vez a estrela que sempre fun.

No hay comentarios:

Publicar un comentario