miércoles, 23 de noviembre de 2011

Morre o pintor POP Gerald Laing





















































































Gerald Laing, artista POP británico, morreu hoxe aos 75 anos, tras unha enfermidade.
Este pintor tiña como fonte de inspiración, do mesmo xeito que outros artistas representativos do POP ART, os iconos da vida cultural e social, personaxes famosos e símbolos da vida de glamour e celebridade.
Sin embargo, a súa obra non estivo exenta dunha óptica crítica socialmente comprometida, como na súa serie de pinturas sobre a guerra de Irak, na que o seu país foi un triste protagonista.
Entre as imaxes da súa obra podemos ver algunhas das da serie que adicou a que as torturas do exército aliado en Abu Ghraib non quedasen nunca no olvido, facendo ademáis unha dura e mordaz sátira sobre os exércitos de ocupación americano e británico.
As súas obras teñen explíctas referencias aos medios de representación de imaxes en serie (tramas de prensa, iconos do hedonismo e da cultura popular, imaxes de ídolos de masas...)
A súa musa máis recurrente foi a recentemente falecida Amy Winehouse, e outras como Victoria Beckham
Neste enlace podes botar un vistazo a súa interesante obra, que ten moitas cousas en común con outros artistas do arte pop, tanto americano (Andy Warhol, Roy Lichtenstein), como británico (David Hockney, Jim Dine)

No hay comentarios:

Publicar un comentario