domingo, 27 de noviembre de 2011

Se GIGER levantase a cabeza...





























Se a levantase do papel no que debuxa, claro, porque GIGER aínda non está morto...aínda que o que debuxa case sempre ten algo que ver coa morte, ou cos medos e os pesadelos máis profundos do subconsciente.
Pois cando o maestro GIGER levantara a cabeza e botase un ollo ao deviantart, e buscase "sakitaro" no motor de busca desta páxina, atoparía cousas que sen dúbida pareceríanlle moi interesantes, e moi cercanas...
Outro tanto podería decir Cronenberg, director de cine, e cronista da parte escura e terrorífica da mente humana, autor de películas tan oscuramente imprescindibles como Inseparables, The Fly, Unha Historia de Violencia ou Spider

Sakitaro é André Díaz, alumno de 4º da ESO, e fiel amigo, como outros alumnos, da páxina Deviantart, na que se pode atopar todo tipo de traballos, de xente de todos os lugares do mundo aos que lles gusta a imaxen e os medios de representación, sexa dende a óptica profesional ou afecionada, e con cabida para todo tipo de técnicas e temáticas...dende as máis luminosas e cándidas ata as máis escuras, que se agochan como vermes no máis profundo da alma humana, agardando devorarnos algún día...

Un lápis pode ser maís frío e afíado que o máis frió e afiado dos bisturís

No hay comentarios:

Publicar un comentario