jueves, 20 de diciembre de 2012

FOTO-COLLAGES

                                                                     2012-final









                                                                            Lago

                                                                        Quimera
                                  


Trabalhos realizados por alunos/as de Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato

PONTO, LINHA E MANCHA





















Trabalhos realizados por alunos/as de TEGP de 2º de Bacharelato

martes, 18 de diciembre de 2012

OS GHUAPOS LEN PREBE





A revista PREBE xa está na rúa...140 páxinas de debuxos, textos e moitas máis cousas dos alumnos de bacharelato de artes, e os de plástica de 4º ESO.
Podes facerte con un (ou varios) exemplares, e contribuirás con elo a que os alumnos poidan mercar un ipad para utilizar en bach de artes (e tamén para rematar de pagar á imprenta, xa que temos axudas institucionais que cubren pouco máis da metade do custo).
O prezo é a vontade, aunque o mínimo recomendado é de 5 euros...en todo caso, seguro que moito menos do seu valor...


Faite con unha...se és guapo!!

sábado, 15 de diciembre de 2012

ARMENIA

Onte chegoume un enlace onde puiden mirar aos ollos moi de preto a varias personas e tamén a uns cantos animais...grazas a unhas espectaculares fotos dun fotógrafo armenio, Suren Manvelyan.
O ollo que mira a ollo a través doutro ollo, que é a cámara...Un espectacular xogo de espellos, de metamiradas e en definitiva, da beleza do que moitas veces vemos, pero poucas ollamos.



Neste ENLACE podemos ver as fotos de ollos de humáns, neste OUTRO de ollos de animais..

Como dixo David Hume, a beleza está no ollo que mira...pero tamén pode estar no ollo que é mirado...ou nos dous (ou os catro)


E xa que falamos de Armenia, este (para nós) exótico estado exsoviético, país cun grande patrimonio cultural, e ponte entre dous continentes, é tamén a terra natal de outro artista, que tamén mira o mundo a través do ollo da cámara, pero da cámara de cine. Este artista é Atom Egoyan, e en Ed .Plástica e Visual, en 4º da ESO, estamos a ver (para despois analizar narrativa e visualmente) unha das súas películas, A Viaxe de Felicia, unha inquietante, peculiar e moi interesante película, unha potente historia que fixo aínda máis grande a xenial actuación do seu protagonista, Bob Hoskins, que os alumnos poideron disfrutar en versión orixinal, como deberían de ser vistas (e escoitadas) todas as películas.




miércoles, 5 de diciembre de 2012

DAME UN PLANO E EU MOVEREI O MUNDO

Os alumnos de 3ºB e C da ESO andan facendo un interesante traballo.





Os de TERCEIRO B desempolvaron (e actualizaron) os PLANOS do instituto, alzados e plantas do baixo, primer e segundo andar, para CONSTRUIR unhas MAQUETAS do MGB, escala 1:100, nas que poderemos ver en tres dimensións e cen veces máis pequeno o noso centro, o lugar onde pasamos horas e días, anos das nosas vidas...
Armados de cartón pluma, cola e moito ollo, á volta de Nadal (alá por finais de xaneiro) amosarannos o resultado do seu traballo, xa iniciado está semana.
Aníbal Comesaña e Manuel Vilar xa empezaron a levantar os minimuros do primeiro andar, o mesmo no que eles están a facer o traballo.


Non é un traballo doado, tendo en conta que os planos orixinais do centro datan de fai tres décadas, e hai que actualizar antes de "levantar" as paredes eses planos coas ampliacións que se fixeron nos últimos anos, e coa nova distribución de aulas e espazos.

As MAQUETAS de pisos, vivendas ou espazos habitables en xeral son unha ponte entre os SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN (sistema diédrico neste caso) e a construción tridimensional real, que adoita ser a finalidade deste planos.
É unha boa maneira de que clientes (compradores de pisos, ou usuarios de edificios -coma neste caso o instituto-) poidan facerse unha idea clara das dimensións, distribución e forma do edificio.
A representación tridimensional que é unha maqueta require unha menor preparación e coñecemento que un plano diédrico (planta e alzado) e permite que todo o mundo poida entender claramente o espazo, que en dibuxo esté representado de xeito máis abstracto.
Hoxe, moitas maquetas xa non se fan físicamente, senón dixitalmente, para ser vistas a modo de RENDERS, animados ou fixos, en pantallas.
Como exemplo podemos ver estos renderizados de O MAS C, arquitectos composteláns.


Esta maqueta 3d fíxose para a rehabilitación de un piso en Segovia.
Podemos ver neste ENLACE o estado actual (cando se fixo o proxecto de rehabilitación e reforma) do piso, os planos (plantas) do proxecto, e os RENDERS do piso coa reforma feita, que, como vemos na imaxe, son moi reais, ata o punto de que poden ser confundidos con fotografías.
De todas maneiras, convén ter en conta que, aínda que sexa máis aburrido para a vista, non hai nada máis exacto e matemático que un plano diédrico, coas súas medidas ben claras.


Mentres, os alumnos de TERCEIRO C, encabezados por Adrián Ferreiro,  Jesús Bascuas e Nicolás González, que xa se puxeron mans na masa, están a facer un traballo similar, outra maqueta, pero de algo moito máis grande que o noso instituto: o Concello de A Estrada.
Cada un dos alumnos da clase collerá un fragmento da folla 121 do ALMACÉN DE MAPAS DO SITGA (Sistema de Información Territorial de Galicia), que poden descargarse gratuitamente.
Como vemos no enlace, a folla 121 é a que corresponde a meirande parte do Concello de A Estrada.
A cidade de A Estrada e capital do Concello pode verse nas follas 121-81 e 121-71.
Nesta última podemos ver nítidamente o noso instituto (recoméndase velo no PDF do enlace, esto só é unha  imaxen a baixa calidade)


Podemos ver que estes planos non son exactamente debuxos diédricos, como os planos dos pisos, senón PLANOS TOPOGRÁFICOS, nos que as medidas de altura (COTAS) veñen representadas numéricamente na propia planta, non nun alzado aparte.
Son representacións ideais para superficies MOI GRANDES; concellos, estados, grandes territorios...nas que o que se pretenda representar é O RELIEVE da terra nese terreno, cos seus accidentes xeográficos correspondentes, ríos, montes, e incluso superficies baixo o mar (fondos), accidentes con cota negativa (ou sexa, por debaixo de CERO, que é o nivel do mar). Nestes fondos, os relieves e accidentes xeográficos tamén se representan por medio de liñas, só que estas liñas van en número CRECENTE canto máis abaixo chegan (ao revés que as ISOCOTAS) e se chaman LIÑAS ISOBÁTICAS.



O que van facer os alumnos, armados con cartóns de caixas, pegamento e paciencia, vai ser RECORTAR as isocotas das diferentes alturas por separado, e ir formando por superposición as montañas que se representan no mapa, formando os RELIEVES do plano, pero de xeito TRIDIMENSIONAL.
A escala dos mapas é moito máis reducida que a dos planos do instituto, obviamente, é de 1: 5000.
Iso quere dicir que nos planos do instituto, escala 1: 100 unha representación de unha persoa sería perfectamente visible (mediría máis de un centímetro - de feito ao rematar estas maquetas meteremos representacións de persoas en forma de bonequiños-), pero no caso dos mapas topográficos escala 1: 5000 unha persoa de metro oitenta mediría 3 centésimas e media de centímetro...demasiado para o noso ollo...

As maquetas resultantes do terreno, neste caso do Concello son moi útiles para visualizar, sen coñecementos previos de representación nin topografía, os accidentes do terreno.
Son maquetas ideais para trazar RUTAS, observar e entender relieves, planificar desmontes ou camiños, ou simplemente facernos unha idea de cómo é o noso país dende arriba sen ter que coller un avión.
Como no caso anterior, hoxe en día estas maquetas tamén poden facerse con renderizados en 3d. De feito GOOGLE xa ten aplicacións cas que se poden visualizar territorios moi nitidamente en 3 dimensións (o Google Earth).
Nesta imaxen, por exemplo, podemos ver o render 3d da cidade de Santiago visible no Google Earth, no que se aprecian os accidentes montañosos e mais algúns edificios (no caso de Galicia hai renderizados poucos)


Google Earth é unha aplicación gratuita, e moi interesante para este tipo de visualizacións.
Podemos "flipar" con recreacións 3d máis completas, e totalmente manexables, como esta vista de Nova Iork (non é unha imaxen fotográfica, é totalmente 3d)


Ou esta vista dende a punta da antena de Notre Damme, en París


Aquí temos unha MAQUETA tridimensional do Concello de Touro, feita tamén fai anos polos alumnos dese centro, de terceiro da ESO.



é curioso que o río que bordea e limita o Concello de Touro, o ULLA, é tamén límite do noso Concello de A Estrada, e tamén límite da nosa Provincia de Pontevedra, ca de A Coruña.


Aquí embaixo, o PLANO topográfico do que partimos para facer esta traballo a vinte mans...



Tamén podemos ver nesta imaxen algunhas das maquetas que alumnos da ESO do CPI de Touro fixeron hai anos, tamén a escala 1: 100, do seu Centro




Aquí uns exemplos moi gráficos, unhas maquetas profesionais feitas por  arquitectos, na que poden observarse con toda nitidez as diferentes capas de terreno correspondentes a diferentes cotas, sacadas dun plano topográfico.



A maqueta de arriba,do chan escuro foi o proxecto para o Pazo de congresos de Arrecife, en Lanzarote, feito fai dez anos...
gustaríanos podervos mostrar o edificio tarminado, pero, cousas deste país, o estado actaul do proxecto é este...



En fín, pasemos a outro tema, para rematar...porque agora ven o POSTRE e o PLATO FORTE....os alumnos de 2º de BAC de ARTES tamén andan con planos e maquetas, pero o seu traballo é moito máis comprometido e creativo...non van levantar maquetas de algo que xa exista, senon que van FACER ELES o proxecto de REMODELACIÓN DA MEGABIBLIOTECA do MGB.
Comezamos por facer unha ENCUESTA, para observar as necesidades, satisfeitas ou frustradas, dos usuarios da biblioteca (vós), e en base ao que vexamos, REDISEÑAR a biblioteca axustándonos ao presuposto do que dispoñenos (que é pouco, uns 2000 euros).
Un traballo, sen dúbida, apaixoante e complexo.
Xa estamos a facer maquetas e estudos visuais, tanto en 3d virtual como físicamente (con cartón pluma) para estudiar o espazo e as posibilidades que plantexa.
AGRADÉCESE CALQUERA SUXERENCIA. O que saia de aquí vai ser para TODOS, así que a opinión de TODOS, (dende os máis nenos ata os pais, nais, profesores)... é moi importante.

Este é o PLANO do estado actual da biblioteca




Así é como é agora...xa veremos cómo será de aquí a tres meses, cando este traballo dos alumnos de DESEÑO estea rematado...

Este é o CUESTIONARIO que fixemos a algúns dos usuarios da BIBLIOTECA...se queres colaborar, IMPRÍMEO, éncheo e entrégao a algún dos alumnos de 2º BAC artes (Miguel Baliño, Andrés Nodar, Alberto Barros, Marta Balo, Adrián Picallo, Rubén Iglesias, Alba Rodríguez, Adrián González, Carlos José Rodríguez, Alex Mosteiro)











domingo, 28 de octubre de 2012

DEBUXANDO NOS PASILLOS

video
Os pasillos do MGB son moi grandes....máis que algunhas aulas...e claro, no bacharelato de artes decatámonos da súa ulitidade

OS LOGOS DE PREBE E DO BACHARELATO DE ARTES


O novo LOGOTIPO para a nosa revista PREBE, que sairá en breve, é este, deseñado por Marta Balo e Carlos José Rodriguez, na asignatura de DESEÑO. Aínda temos que perfecionalo un pouco, pero será o encabezamento da revista que pronto teredes nas mans



E o LOGOTIPO e imaxen corporativa do noso BACHARELATO DE ARTES será este, deseñado por Alba Rodriguez e Adrián González, que tamén, despois de perfecionalo un pouco coa axuda do ordenador, será a base do MANUAL DE IDENTIDADE CORPORATIVA que será a base da nosa imaxen no sucesivo.



Tivemos algunha avaría nas encuestas, pero agora tamén podedes votar polo logo que máis vos gusta para o MGB, na encuesta da dereita


jueves, 25 de octubre de 2012

LOGOS PARA O MGB

Estos son os posibles LOGOS para o MANUEL GARCÍA BARROS. Son BOCETOS en cartulina, pero o que máis guste na encuesta (lateral do blog) será redseñado e perfeccionado con ordenador, e pode que o logo do instituto...vota..!!