domingo, 29 de enero de 2012

A IDENTIDADE CORPORATIVA

Nestes días, os alumnos de 4º ESO e os de 2º Bacharelato de Artes fixeron prácticas de deseño gráfico ideando e deseñando os manuais de identidade corporativa para o CLUBE DE LECTURA, o CLUBE DE FOTOGRAFÍA (que está a piques de crearse no MGB), e outras empresas ou institucións ficticias ou reais.
Aínda que non todos remataron, aquí podedes ver os dous primeiros e interesantes traballos de Orquídea, Ariadna e Catarina.
A primeira o fixo sobre o clube de lectura, e as dúas últimas sobre o clube de foto.

Un manual de identidade corporativa é a base da imaxen dunha empresa ou institución. Consiste nun pequeno libro onde se recolle a imaxen gráfica desa empresa (logotipo), as súas correctas ou incorrectas utilizacións, e as APLICACIÓNS desa imaxen gráfica en diferentes soportes (papelería -sobres, follas de carta, tarxetas, carnets...-, vehículos, mechandising-bolígrafos, camisetas...-, soportes estáticos-monolitos-, e soportes publicitarios- vallas para estradas, mupis, publicidade impresa...-)
Elaborar manuais de identidade corporativa é, xunto coa creación publicitaria, o traballo máis habitual dun deseñador gráfico ou dunha axencia de publicidade.
É un traballo moi creativo pero que tamén require moita capacidade analítica, (e tamén sintética), traballo de documentación, coñecementos sociolóxicos e de tendencias (haiche que ser un pouco coolhunter, pero tamén saber que o que chama a atención só por estar de moda, tamén morre pronto). Tamén require un coñecemento profundo da TIPOGRAFÍA e dos medios de impresión e edición, e tamén dos medios e soportes publicitarios, da súa rentabilidade e de ser quen de calcular e valorar a priori as necesidades de cada empresa, contrastándolas co presuposto disponible.
O traballo da creación publicitaria atópase nun momento de forte crise, provocado non só polo descenso do consumo, senón tamén pola forte crise dos medios (prensa e tv) e a chegada da publicidade online, que fixo tambalear conceptos que seguían inercias que agora non valen para o presente nin para o futuro.

Pero todo esto non resta importancia á IMAXEN como base da comunicación visual entre as empresas e institucións e os cidadáns, unha importancia que non sempre é tida en conta, e na que temos unha tradición pobre, en comparación cos países nórdicos, ou mesmo con outros lugares do estado, como Cataluña ou Euskadi, onde hai un maior coidado en todo o que supón a faciana, o rostro das empresas o institucións, a súa imaxen, o primeiro que vemos e o que sempre recordamos.
Pensa en Nike ou en BMW, ou en Cocacola...e probablemente, o primeiro que che veña a cabeza non sexa un chandal, sin un coche, nin un vaso cheo de bebida...senon os tres logos de estas tres marcas, que forman parte do noso paisaxe visual cotidián.

Iremos subindo novos manuais dos outros alumnos, e elixiremos a mellor imaxen para o CLUBE DE FOTO que está a piques de nacer...vai botando unha ollada a estos.



manualidentidadARIADNACATARINA


Manual de Identidad Corporativa ORQUIDEA

No hay comentarios:

Publicar un comentario