viernes, 17 de febrero de 2012

PRIMERA SAÍDA DO CLUBE DE FOTO: LUNS 5 DE MARZO AS 4 DA TARDE



O luns 5 de marzo faremos a PRIMEIRA SAÍDA FOTOGRÁFICA do CLUBE DE FOTO MGB.
Seguiremos a pe unha ruta de 2 kilómetros e medio (5 contando ida e volta - aproximadamente, tendo en conta que iremos a paso lento e intermitente para facer fotos, unhas dúas horas).
Sairemos do instituto as 16 horas (temos que ser puntuais para ter luz en todo momento) e nos achegarmos á Rúa Benito Vigo, collendo a estrada de Forcarei ata chegar á igrexa románica de Ouzande, (que aparece na imaxen de abaixo nun cadro de CASTELAO). Se andamos ben de tempo podemos botar unha ollada, 300 metros máis ao sur, ao ESTANQUE de Ouzande, un bo lugar para facer máis fotos.
Antes das sete da tarde estaremos de volta.

O único necesario son unhas botas para andar, e unha cámara (pode ser compartida, non é necesario que cada un leve unha: se non tes cámara tamén podes ir).
Poden ir alumnos, profesores e tamén pais e nais.

SI PARA O DÍA 5 FIXERA MAL TEMPO, A ACTIVIDADE SERÍA APRAZADA UNS DÍAS, polo que é necesario que estedes atentos a este blog para vos enterar dun posible cambio, aínda que ese mesmo día xa veremos pola mañá, en horas de clase, si finalmente se fai ou non.

As fotografías que se fagan, se o autor o desexa, publicaranse neste blog e na páxina do instituto

E importante que recordedes que precisades entregar unha autorización dos pais, ao tratarse dunha actividade extraescolar, as autorizaciones poderedes recollelas á volta do entroido, xoves ou venres anteriores á saída, na aula de debuxo artístico ou solicitarllas a Teresa Fillol ou Mariano.



No hay comentarios:

Publicar un comentario