miércoles, 30 de mayo de 2012

O VES E NON O CRES




Alexa Meade é unha artista estadounidense, autora da obra que ves arriba.
Agora ven a pregunta: "bueno, e que?..."
E aquí ven a resposta: pois que isto non é unha pintura, ou si...ou non sei...mellos mira neste ENLACE e sorpréndete tí mesm@.
Tamén o podes ver neste VIDEO....e non te preocupes, o vídeo sí é un vídeo

3...2...1....


A estes da foto (ao do medio xa non tanto) quédanlles uns días de estrés e de esforzo...agárdalles o SELECTIVO. Ou nalgún caso, prepararse para os exames de setembro.
En todo caso, sorte e forza a todos eles, e que nos exames de debuxo e técnicas fagan as cousas como as saben facer, como as fan sempre. Se é así non precisarán de sorte.

A foto é da despedida aos de 2º BAC no Teatro Principal de A Estrada.
Faltan Diego, Paula e Alba. Pero xa teremos ocasión de saír nunha foto todos...

DESPOIS DO DURO TRABALLO

O de duro é un dicir, e o de traballo, máis aínda, pero o caso é que esta foto foi tomada na praia da Lanzada despois da xornada de Esculturas de Area na que tan ben o pasamos.
Na imaxen, os alumnos de 4º posando cun SEÑOR MADRILEÑO que pasaba por alí e que prefiriu agocharse no anonimato porque disque o sombreiro (que era da súa nai) quedáballe moi mal.


OS DOUS, AS DÚAS E AS TRES EN PUNTO



martes, 29 de mayo de 2012

FOTOS E DEBUXOS QUE QUEDARON NO TINTEIRO

Dando clase a alumnos como os que temos, as veces é como atopar dun pequeno tesouro descubrir nun peto da cazadora unhas fotos olvidadas que fixeron os de 4º(e que esu tiña que ter escaneadas fai meses) ou atopar nos blocs de 1º Bac, botando algunha ollada a ratos perdidos, algúns debuxos nos que no seu día, atrapado na marea e na morea de traballos que hai que atender, non reparei con tempo dabondo.
Pequenas marabillas que poderían ter pasado despaercibidas (e que moitas veces pasan desapercibidas).

Pasa tamén as veces coas cousas que fai un mesmo, un día facendo limpeza, baixo mil papeis acartonados polo tempo, aparece ante a túa vista, de súpeto, o brillo dun debuxo, dun boceto ou dalgunha cousa que nin tí mesmo recordas, e ese olvido fai que nese momento o vexas cos ollos cos que se miran as cousas por primeira vez, coa mirada virxinal e libre de prexuizos e relacións mentais distorsinantes, co que todo ás veces debería ser observado (aínda que esto é imposible).
Estaría moi ben que sempre fixéremos as cousas como si fora a primeira vez...ou coma se fora a última...pero isto tamén é imposible...

ou non.










Fotos de Ariadna, Orquídea, Jenifer, Oscar, Alejandro, André e Catarina



Debuxos de Alberto Barros e Alex Mosteiro



Ilustracións para Haikus (de alumnos de outros cursos de bacharelato) feitas por Alberto e Rubén



viernes, 25 de mayo de 2012

SHARAF, ARTISTA POR PARTIDA DOBLE




Unha das alumnas do Jean Jaures, o instituto que fixo un intercambio con nós, SHARAF, fixonos unha impresionante demostración de debuxo A DÚAS MANS. 
En moi pouco tempo retratou a Carla e Marta, de 1º Bac, e aínda lle sobrou tempo para facer algún debuxo máis.
Para os que queirades ver máis cousas desta rapaza, AQUÍ tedes o seu canal de YOUTUBE.

jueves, 24 de mayo de 2012

ESCULTURAS DE AREA NA LANZADA














Ainda que co gran baleiro que deixaron os de 2º de bacharelato, que xa preparan o selectivo (ou os exames de setembro), a vida, un pouco triste hoxe, a verdade, segue no MGB.
E hoxe cunha interesante actividade na que participamos: invitados polo IES Monte da Vila do Grove, e organizado pola súa profesora de plástica, Josebe: a nova edición do Festival de Esculturas na Praia, esta vez co tema de SERES MITOLÓXICOS.
Con nós estiveron tamén os 30 alumnos do centro de ensino Jean Jaurés de París, que están estes días no noso centro rematando o intercambio que fixeron con alumnas do MGB.
Os nosos alumnos deixaron a súa pegada cunhas moi boas esculturas, a pesar do pouco tempo de que dispuxemos, tan só dúas horas e media. Entre elas cabe destacar a SEREA de Alberto, Alba, Rubén, Miguel, Adrián e Andrés, (1º BAC de artes) e o dragón de Carlos, Isaac e outros alumnos de 4º ESO.
Estade atentos porque pronto subiremos moitas máis fotos.

Estas son as que fixo Xoan Xosé, profesor de debuxo.

lunes, 21 de mayo de 2012

ATA SEMPRE

Os alumnos de 2º BAC deixan o instituto, despois de uns cantos anos nos que deixaron a súa pegada entre estas paredes, e as súas chuletas baixo algunha mesa.
Os de bacharelato de artes, ademáis, son e serán sempre a PRIMEIRA PROMOCIÓN deste Bacharelato, no IES MGB de A Estrada.
Iago, Lorena, Paula, Alba, Diego, Rosa, Andrés, Micael, Fátima e Marta son os alumnos que estrenaron a aula de debuxo artístico e técnicas de expresión gráfica, os alumnos que estrenan titulación, os que pasaron as dificultades e as apreturas típicas nunha nova especialidade que comeza a andar, e os que para sempre figurarán nesa primeira orla, ideada por Lorena, na que, nun patio de veciños, os dez elexidos posan fotografiados por Paula.
Non son bos tempos para ser xoven neste país, que xa fai tempo desprazou a xuventude do protagonismo e condenou a brillantes estudiantes e xente con moita capacidade ao ostracismo, mentres a cultura do pelotazo fixo acadar poder e cartos a individuos de escasa formación e aínda menos catadura moral.
Ser xoven hoxe en día require ter unhas esperanzas blindadas, e uns soños de ferro, a proba de tantas cousas éticamente insoportables que están a pasar.
Pero tamén son eles, a mocidade, os que teñen a chave para cambialo.
Esa chave quizáis se chame CREATIVIDADE.


video





jueves, 10 de mayo de 2012

COLABORANDO ENTÉNDESE A XENTE




Este é o trailer da longametraxe O APÓSTOLO, película do director compostelán Fernando Cortizo, producida por Producións ARTEFACTO, e pendente de estrea nos cines.
Esta productora pechou recentemente un dos SETS de gravación que tiña na rúa Fernando III en Santiago, por mor dos recortes en Cultura que se veñen sufrindo dende hai meses, e dada a súa amizade co profesor de debuxo do MGB, que fixo o story board da peli, e sabendo que o noso Bacharelato de Artes anda falto de recursos, tiveron o increíble detalle de regalarnos todo tipo de materiais que poderán ser aproveitados polos alumnos deste curso e o que ven: pinturas, barro, escaiola, barnices, pinceis, ferramentas de todo tipo...
En fín, material que doutra maneira, e cos recortes presupuestarios que tamén temos en Educación, e ao que o bacharelato de artes é especialmente sensible, veñen como un regalo dos reis magos.
A cambio, os alumnos rematarán e pintarán, como traballo de escultura, as figuras promocionais dos personaxes da película, que podedes ver estes días na aula de debuxo artístico (non vos asustedes se entrades con pouca luz). Son os personaxes que na peli están interpretados no físico por bonecos de plastilina e nas voces por Carlos Blanco, Geraldine Chaplin e Manuel Manquiña. Ademais destes, na película poderemos ver bonecos interpretados por Luis Tosar, Jorge Sanz, Paul Naschy, Celso Bugallo, Victor Mosqueira....e todo isto, coa impresionante banda sonora que fixo Philip Glass.

AQUÍ e AQUÍ tedes máis información sobre esta película, que poderedes ver moi pronto. Mentres, ide botando un ollo (e unha man de pintura) aos seus protagonistas.

E MOITAS GRAZAS, FERNANDO E ISABEL (non son os reis católicos, son os productores de O APÓSTOLO)




miércoles, 9 de mayo de 2012

Ghostbusters

Eis mais algumas imagens de espectros no MGB, registadas esta vez por alunos/as de Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato e que o dr.X tinha celosamente arquivadas a espera de tempos propícios para verem a luz. "Os tempos são chegados", como diria o bardo, pois já não é segredo para ninguém a existência dos devanditos fantasmas.
 
Cuidado com eles, podem aparecer quando menos o esperares!















miércoles, 2 de mayo de 2012

HAIKUS ILUSTRADOS

Os alumnos de Chelo Vazquez, en Literatura de 2º BAC,  fixeron uns HAIKUS, que os seus compañeiros de Bacharelato de Artes, do mesmo curso, ilustraron. Aquí tedes o libriño: