viernes, 29 de junio de 2012

O NOVO LIBRO BLANCO SOBRE A ILUSTRACIÓN GRÁFICA EN ESPAÑA

A FADIP (Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais), á que pertence a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) acaba de editar o novo LIBRO BLANCO para profesionais da ilustración.
Este libro é unha INTERESANTÍSIMA E IMPRESCINDIBLE GUÍA para presentes e futuros ilustradores, debuxantes, e autores de contidos visuais en xeral, que toca dende as formas de contratación, ata maneiras de presentar o traballo a editores e administracións, así como guías de prezos, e sobre todo, unha aproximación bastante realista as diferentes profesións que teñen que ver co debuxo e ilustración no noso país, as súas circunstancias e particularidades.
Un libro que calquera estudiante de BACHARELATO DE ARTES debe coñecer moi ben, e que é GRATUÍTO NA SÚA VERSIÓN DIXITAL, e que pode descargarseno enlace de abaixo.
Tede en conta, os que estudiades este bacharelato, que o DEBUXO  e a ILUSTRACIÓN poden ser, e en moitos casos SERÁN, O VOSO TRABALLO nun futuro cercano, e hai que coñecer ben os pormenores deste traballo (onde a tendencia é que moita xente pretenda aproveitarse do descoñecemento de moitos autores dos seus propios dereitos) para poder exercelo cunhas garantías mínimas.

Podedes baixarlo gratis

NESTE ENLACE

(clickar onde pon VERSIÓN EN PDF)...en breve tamén estará operativo o libro en versión ebook para podelo ler en tabletas (aínda que a versión pdf tamén é valida para isto).

domingo, 17 de junio de 2012

MOEBIUS

O ano 2012 pasará a historia (entre outras moitas cousas, poucas boas) como o ano en que morreu Jean Giraud, tamén coñecido como Gir, e tamén coñecido como MOEBIUS. Un dos indiscutibles xenios da BD, cunha influencia moi grande noutras artes, como o cine, e na cultura visual do noso tempo. Un xenio que será recordado sempre. Neste enlace podedes ver unha película documental da BBC sobre este autor, unha película imprescindible sobre un creador imprescindible.

jueves, 14 de junio de 2012

O GRAFFITI DA ENTRADA, PASO A PASO

Os grafitteiros de verdade, os que fan debuxos nas paredes de Londres e por alí, disque poden pegar a máscara de estarcido na parede, darlle ao espray, recoller todo e escapar sin que ninguén se decate, en cuestión de minutos.
Despois do traballo que nos deu o noso gran grafitti, podemos asegurar que iso é MENTIRA, é unha lenda urbana, Banksy ten que estar compinchado coa policía, ou mesmo ata é un policia. Ou leva a parece enteira feita de casa...
O caso é que aquí temos as fases iniciais do traballo....as fotos das que saíron os STENCILS, dos alumnos con cara de traballar (para eles é doado poñer esa cara)...e despois, as fotos posterizadas a branco e negro.

Estas fotos foron proxectadas a tamaño real na parede e debuxadas sobre cartulinas, que logo se recortaron (o que era a silueta negra) e serviron como máscaras de estarcido, como se pode ver nos vídeos.



Photobucket Photobucket

THE MANHATTAN PROJECT

Un interesante video time-lapse feito con centos de fotografías, non deixando a cámara completamente fixa, senón movéndoa creando efectos de travelling.
Suxerente e inspirador, é un bonito traballo de Cameron Michael...disfrutádeo

DALLE AQUÍ PARA VER O VÍDEO


martes, 12 de junio de 2012

GRAFITEANDO...E (CASI) TERMINANDO

video

Xa están estampados todos os alumnos de 1º BAC de artes, no muro frontal do instituto. Aquí tedes o vídeo desta última parte do traballo, aínda que queda unha por facer, que poderedes ver esta semana.
Estade moi atentos aos muros...os dixitais e os de ladrillo.

viernes, 8 de junio de 2012

AS FOTOS DE PAULA

Nova entrega das fotos do Clube de Foto, feitas por Paula Pájaro, no pazo de Preguecido e en Pontenogueira

























martes, 5 de junio de 2012

O CLUBE DE FOTO NO PAZO DO PREGUECIDO E PONTENOGUEIRA

Onte, 4 de xuño, día de moita calor, estivemos no clube de FOTO do MGB (aínda que con moitas baixas por exames) facendo fotos en Aguións City, preto de A Estrada, un sitio moi bonito, no que tivemos como guía a Paula. Fixemos moitas fotos na zona de Pontenogueira, e nos arredores do Pazo de Preguecido, non que non poidemos entrar, xa que é propiedade privada.
Pero o CFMGB non se para ante nada, e aquí tedes as primeiras fotos, de ALBA NOVOA...Iremos subindo máis, estade atentos!!