viernes, 1 de junio de 2012

GRAFITEADOS


O último día de maio de 2012 foi un día histórico, foi o día que comezou a facerse o gran GRAFITTI que vai decorar a fachada do MGB.
O resultado final non o imos desvelar, porque o iredes vendo pouco a pouco, pero cando vexades este vídeo xa os iredes facendo unha idea...

A técnica de ESTARCIDO ou STENCIL, tan utilizada no STREET ART, foi a base sobre a que se pintaron as imaxes, e sobre as que se irán pintando as sucesivas, que conformarán a obra final.

Estade atentos, e TEDE COIDADO, QUE MANCHA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario