lunes, 17 de septiembre de 2012

MATERIAIS PARA COMEZO DO CURSO 2012 2013. DESEÑO DE 2º BACHARELATO DE ARTES.

O curso de 2º de Bacharelato de artes introduce unha asignatura de moitísima importancia, como é o DESEÑO.
A materia de deseño abarca todo uso do debuxo e das técnicas de representación e expresión gráfica destinado á CREACIÓN posterior de obxetos, material gráfico, e espazos arquitectónicos ou paisaxísticos.
É dicir, utiliza o debuxo non só como medio de REPRESENTACIÓN, senón tamén de ANTICIPACIÓN, como ferramente primixenia para crear o que non existe aínda, o que se vai crear.
O uso do debuxo nesta liña supón o punto de partida do desenrolo da industria, a fabricación en masa, o cambio de paradigma a unha sociedade moderna e postartesanal.
É, por tanto, unha asignatura que trascende con moito o artístico, e que pode considerarse un dos pilares do coñecemento.
É, ademáis, unha materia densa, xa que abarca moitos campos e escalas de actuación, dende o gráfico ata o paisaxístico.

Comezaremos polo deseño gráfico. Para esto fan falta una serie de MATERIAIS qué é importante que o alumno teña sempre a man na aula, e que poida GARDAR da súa man nunha CAIXA INDIVIDUAL que tamén é importante que teña na aula.

-CADERNO DE CROQUIS E BOCETOS. De tamaño pequeno, (o que a cada alumno lle resulta máis manexable e cómodo...a4, a5...) .Aínda que xa usaredes blocs en debuxo, e posiblemente en TEG, é conveniente que, ou ben sexa outro caderno, ou que a parte adicada a deseño estea separada do resto, de maneira que sirva un pouco como caderno de croquis, bosquexo de ideas previas e análises gráficos previos dos problemas ou briefings presentados




-CADERNO DE PROXECTOS ACABADOS a3 (o mesmo que anterior, se usades o de outra asignatura como debuxo, debe ser en partes totalmente diferenciadas)




-Lápices duros (H) e brandos (B). Os duros son importantes para comezar a bocetar con vistas a posibles borrados, os brandos para darlle un aspecto máis acabado os croquis ou bocetos.




-Lápices de cores. Aínda que na aula temos CERAS e material de pintura, é moi importante que o material de deseño sexa máis LIMPO e aséptico, manche menos e permita máis PRECISIÓN. Podedes COMPARTIR este material entre varios alumnos para aforrar gastos.



-Rotuladores. Ferramenta básica no bosquexo e croquización no deseño de obxetos.



-Outros elementos de debuxo como os LÁPICES PASTEL tampouco están mal, ainda que son opcionais

-FERRAMENTAS BÁSICAS DE DEBUXO TÉCNICO: regras, cartabóns, compases, transportador (pódense compartir entre varios)

-Pasta para modelar (serve o barro e plastilinas que aínda temos na aula) e pinturas guasch para acabados de maquetas. A aula dispón de moito material de reciclaxe (cartón pluma, etc)




-Memoria USB. Importante porque unha clase á semana utilizaremos a AULA DE INFORMÁTICA E OS ORDENADORES. Se o alumno prefire, nestas clases pode usar O SEU PROPIO PORTÁTIL, se o ten, aínda que na aula hai ordenadores para todos.



É importante salientar que no EXERCICIO DE SELECTIVO NON SE ADMITEN FERRAMENTAS INFORMÁTICAS, polo que temos que saber deseñar (e facer uns bos acabados) en "analóxico".

-outros materiais moi útiles:

papel milimetrado, tesoiras, pegamento, cartulinas, papeis de cores, pilots, papel cebola, e cuters de máis precisión que os usados en TEG e LIMPOS. (moitos destes materiais pódense compartir)





No hay comentarios:

Publicar un comentario