jueves, 6 de junio de 2013

AFIANDO O LÁPIS

A gran columna de porexpan que nos cedeu o ano pasado ARTEFACTO para facer unha escultura con ela, xa se está a converter nun LÁPIS xigante. Andan nelo os alumnos de 3ºB, que modelaron a forma con serruchos prestados polos profesores de tecnoloxía, e despois forraron con papel + cola de carpinteiro + cola de empapelar.
O resultado pintarase cunha base de pintura plástica blanca, e finalmente cas cores tradicionais dos lápices, amarelo e negro.
A idea é que quede exposto verticalmente no patio durante os últimos días do curso (e si gusta ao personal, alí pode quedar...)

Podemos ver o estilo torero de Gonzalo, encolando mirando ao tendido. Un maestro


















No hay comentarios:

Publicar un comentario