miércoles, 5 de junio de 2013

UNHA BONITA HISTORIA DE LETRAS

Pedro Arilla, un deseñador zaragozano, creou un tipo de letra, chamado VALENTINA, en honra a súa avóa.
Despois dun enorme e extenso traballo de documentación (como ten que ser cando falamos de DESEÑO) creou a súa letra, que se pode descargar AQUÍ, gratis, aínda que se pode facer un donativo para o deseñador (recomendable, porque os deseñadores, debuxantes e ilustradores tamén comen).

A nova apareceu nos TELEDIARIOS...é unha noticia bonita. Non todo o mundo perde miles de horas do seu tempo, do seu traballo, por algo moito máis importante que os cartos; as persoas que un máis quere.
Sen dúbida un gran traballo, en todos os sentidos...algo que paga a pena observar con detemento. Moito cariño ten que haber tras este traballo, non calquera letra poderá transmitir o mesmo. Seguro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario