viernes, 6 de junio de 2014

ENCARGO DE MURAL NO CEIP O FOXO

Para comezo do vindeiro ano escolar, os alumnos que para entón estean no 2º curso do bac. de artes plásticas (ou eso agardamos), comezarán o curso pisando forte, debuxando e pintando en gran formato, e nun lugar inmellorable e único: a "pinacoteca" de CEIP do Foxo.
Alá iremos o vindeiro día 11 de xuño, invitados polo propio centro, e seremos recibidos pola directora e por Xosé Luna, mestre, editor e impulsor dunha iniciativa máis que interesante: no citado colexio, artistas da zona pintan cada ano un mural de dous por tres metros. O mural de cada ano serve de base para o deseño corporativo dese ano escolar no centro: calendarios, libros, separapáxinas, etc, etc...
Para o curso 2014 2015 queren que sexan os alumnos do bacharelato de artes do MGB os que lles enchan un anaco da súa parede de cor.
Así que iremos todos ese mércores 11 de xuño, o vindeiro, a recoñecer o terreo, que os nosos alumnos vexan o que lles espera...e tamén que coñezan aos rapaces de 6º de primaria do Foxo, aos que dalgún xeito terán que integrar no traballo que van facer, que aínda está por inventar...

Que o verán lles traia moitas ideas...















No hay comentarios:

Publicar un comentario