viernes, 6 de junio de 2014

PLANNING VIAXE A ROMA

ACHÉGASE O DÍA !!!

En moi poucos días pisaremos ROMA...Sairemos o sábado 21 de xuño. Haberá que estar no aeroporto de Santiago as 14 horas. O avión sae as 16 horas e chega a Roma as 20 45.
O prezo da excursión foi de 495 euros. Pagáronse en tres plazos: 45+225+225. O prazo do último pagamento remataba onte.
Asignáronnos finalmente o HOTEL LUX. Está situado na zona da estación de Términi, VÍA GAETA, 14, moi preto do centro histórico.
Aquí podedes ver o exterior do Hotel tal e como aparece en Google View, e fotografías do interior collidas da web.






É un hotel de ****. Aínda non coñecemos a distribución das habitacións.
No hotel haberá que deixar unha fianza por alumno de uns 20 euros en previsión de daños nas habitacións. Se a volta todo está correcto, a fianza será devolta aos alumnos. 

O mesmo día da chegada deixaremos as cousas no hotel, e entre traslado desde o aeroporto e demáis, a iso das 22 horas podemos dar unha pequena volta de recoñecemento á cidade.
Qué mellor INMERSIÓN en ROMA que visitar de noite a mítica FONTANA DI TREVI. 
O paseo do hotel á FONTANA é maís ou menos de un kilómetro e medio, uns vinte minutos. Podemos tomar algo polo camiño para cear.
Alí estaremos un rato, descansando preto da fonte, e despois podemos ir un pouco máis alá e visitar outras míticas fontes, as da Piazza Navona, a oitocentos metros da Fontana de Trevi, pasando por un dos edificios máis impresionantes de Roma: O PANTEÓN de Agripa. Todo esto é especialmente impactante de noite. Ainda que son edificios que voltaremos ver á luz do día.
 O camiño total dalí ao Hotel é de 2, 5 kilómetros...Alí estaremos outro rato, e retirarémonos a descansar, cos ollos saturados de beleza...necesitaremos folgos para vindeiros días.





O día 22, domingo, levántaremonos cedo (hai que evitar andar con moito calor) e despois da prima colazione (almorzo), a partires das 8 30 sairemos cara a coñecer a Roma dos Gladiadores e os empereradores, iremos cara o Anfiteatro Flavio, de máis de 2000 anos de antiguidade, coñecido como COLOSSEO pola enorme estatua de ouro de Nerón que daba entrada ao público e que xa non se conserva. Ó seu lado está o FORO ROMANO, centro da cidade antigua, actualmente en ruinas. Todo este conxunto é o máis visitado da cidade, a esencia mesma da Roma da que todos temos oído falar.
Polo camiño pararemos a ver a Basílica de Santa María la Maggiore, un dos templos máis grandes de Roma, e aínda que non é dos edificios máis coñecidos, si é dos que atesoran máis beleza e mestura de estilos arquitectónicos.
Tamén pararemos na igrexa de San Pietro in Víncoli, onde está a estatua do Moisés de Michelángelo.
Ao chegar ao foro, o visitaremos (é gratuíto, como a basílica), e despois poderase visitar, quen queira facelo, o interior do Colosseo (aquí haberá que pagar entrada, uns 15 euros, aínda que é posible que obteñamos desconto como instituto)
Haberá que facer unha cola de preto de media hora. Os que non queran entrar poden agardar fóra, onde hai moito sitio para descansar, pasear...ou debuxar...
Despois iremos cara o río Tíber e a Illa Tiberina, pero pasando por importantes hitos da cidade: O Circo Massimo, a Bocca della Veritá e Teatro Marcello.
Cruzaremos el Tíber e adentrarémonos nun dos barrios máis bohemios da cidade, o Trastévere, barrio de artistas, de vida tranquila e un sitio ideal para pasar unhas cantas horas e repoñer folgos para a volta.
Todo este percorrido o faremos con calma, sen presa, parandonos cando vexamos que xa o pide o corpo para tomar algo fresco, sentarnos un rato, botar un ollo aos italianos e as italianas, ou facer uns debuxiños.

Comeremos onde teñamos fame, e xa a tardiña, iremos de volta cara o hotel. Voltaremos pola Praza de Venezia e a Vía do Quirinale.
Alí, no hotel, descansaremos un rato, e se logo vos apetece, daremos unha volta polos alrededores










O día 23, luns, iremos tamén, despois do almorzo, cara á Piazza de Spagna, pasando pola fonte de Tritón.
Coñeceremos tamén os arredores da escalinata da Piazza de Spagana rodeados de tendas e un bon rincón pa pasar un rato ata ir cara a nosa visita máis espectacular: a da Capela Sixtina e a monumental Basílica de San Pedro. Pasaremos polo castelo de St Angelo e pola Via da Conziliazione.
Esta é a única das nosas visitas que non pode ser cambiada de data nin hora, xa que a temos reservada e prepagada en parte (2, 15 por alumno, máis 5, 9 a maiores na mesma Capela Sixtina). Non teremos que facer colas nin na capela nin en San Pedro, o que nos aforrará horas de espera.
Poredemos (quen o desexe) subir á cúpula da Basílica e ver toda Roma dende o alto.
Na zona do Vaticano botaremos unhas cantas horas e comeremos alí.
Á volta podemos ir, se non estamos moi cansos, pola Piazza do Popolo, aínda que queda un pouco a desmán, ou voltar en liña recta e ver outras cousas interesantes.







O martes 24 iremos outra vez pola zona do Panteón, que paga a pena ver de novo, e de día.
Iremos a ver a Torre de la Mona, o edificio de vivendas en uso máis antiguo do mundo (ten máis de mil anos) e sobre él hai unha interesante lenda que lle da nome. Algo así  tamén ocorre coa igrexa de San Eustachio.
Preto de todo isto está a Praza Navona, a Fontana, o Panteón...este día perderémonos polas rúas da cidade vella, sen presas nin agobios, disfrutando da cidade.
Visitaremos tamén o Campo di Fiori, unha das zonas de "movida" de Roma, tanto de día como de noite.
Podemos quedar por alí ata a noite, e cando o corpo nolo pida, non moi tarde que hai que madrugar, voltar ao hotel.







O plan do último día improvisarémolo alí...temos que volver as 17 55, polo que haberá que saír do hotel xa a mediodía, e pouco máis tarde ir cara o aeroporto...temos unhas horas á mañán para ir pola cidade, pero é mellor que e decidamos alí mesmo, cando saibamos ben o tempo de que dispoñemos...



Calquera suxerencia que teñades, comentádea neste mesmo blog, ou no wassap do grupo da excursión.

XA FALTA POUCO!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario