viernes, 6 de marzo de 2015

AS 40 PRINCIPAIS

Estas son as 40 mellores fotos feitas con cámaras estenopéicas, cámaras construídas polos propios alumnos, sen máis que cartón, cinta aillante, papel albal e un alfiler.
Baseándose nas propiedades máis elementáis da óptica, e na fotografía tal e como se facía nos seus primeiros tempos, como unha mestura desa IMAXEN DE LUZ e as propiedades fotosensibles de determinados materíais, calquera pode facer fotos, con tanta nitidez, precisión e versatilidade como se propoña.
A fotografía estenopéica é todo un mundo no que moitos artistas quedaron atrapados para sempre. Un mundo no que non ten sentido falar de megapíxeles, resolucións e esas cousas de agora.
Fotos dunha época na que na fotografía tiña ese halo romántico que xurdía dunha imaxen que non vías (nin tan sequera encadrabas con precisión) ata que no laboratorio aparecía, no papel branco, como se fora unha pantasma, da nada.
É moi doado (e barato) facer un pequeno laboratorio na casa,...pero coidado...engancha. E despóis non volverás ver a túa cámara "boa" igual que antes.
Avisad@ quedas...










































No hay comentarios:

Publicar un comentario