sábado, 13 de junio de 2015

PINTANDO O XADREZ XIGANTE

A proposta de Ramón Aller, o noso ChessMaster, os alumnos de 1º BAC de artes deseñaron e pintaron un taboleiro de xadrez xigante, co que se xogará o vindeiro venres, despedida do curso, unha partida con fichas humanas.
Foi necesario utilizar unha pintura especial, de dous componentes e alta resistencia á abrasión, para evitar que co roce continuado dos pes o taboleiro desapareza.
Xunto as casiñas negras, as "brancas" (que manteñen a cor verde da pintura anterior) foron silueteadas cos nomes de todas as persoas que colaboraron nisto, alumnos e tamén profesores.
Agora  A XOGAR !!!












No hay comentarios:

Publicar un comentario