domingo, 6 de noviembre de 2016

VOLUME E OS OFICIOS ESQUENCIDOS

Na materia de Bac de Artes VOLUME, estamos a traballar con materiais que se veñen utilizando durante milleiros de anos, non só de maneira artística, senón para crear volumes útiles dende o punto de vista artesanal-industrial.
Na nosa terra temos multitude de exemplos deses oficios esquencidos, desas labouras artesanais, polas que nunca pasou o tren da industrialización, que se mantiveron sempre como oficios, e que nalgúns casos morreron como tales, e noutros perviven, xa sea dunha maneira testimonial, cara ao turismo ou ao recordo, ou loitan por se manter vivos nun mundo globalizado no que as denominacións de orixe e fabricación artesanal teno moi difícil.
Sen embargo, a posta en valor, precisamente, destes oficios vellos, a eclosión de pequenas empresas que buscan resucitar moitos destos vellos oficios, abren un camiño á esperanza nun estilo de fabricación, no que sen dúbida, Galicia tería moito que dicir.




O ECOMUSEO DE ARXERIZ, na provincia de Ourense, é un (de moitos) exemplo desa posta en valor, moi necesaria, deses vellos oficios, a meirande parte deles relacionados coa construcións de obxectos, e por tanto, co VOLUMEN e tamén co DESEÑO, materias que impartimos aquí.
Os cesteiros, alfareiros, construtores de dornas e barcas, madereiros, canteiros...foron quen de levar a cabo un traballo digno de recoñecemento e admiración, coas súas máns, e cunha concepción do deseño baseado na sinxeleza e a racionalidade, sempre con materiais da terra, e cunha perspectiva "ecolóxica" aínda que nesa época non estivera de moda esa palabra, (porque non facía falla).

Aquí podemos ver exemplos de cestas feitas con mimbios (coma estamos a traballar nós) ou salgueiros, xarras feitas por alfareiros que tiveron que facerse o seu torno de pedra, sen máis motor que as súas pernas ou brazos, cestóns de pesca construidos con mimbios e toxos, odres feitos con peles de cabra...ferramentas sacadas da natureza, útiles, sinxelas e non contamiñantes.
Pode que o noso pasado nos ensine moitas claves para o futuro...o noso pasado ten moito que nos ensinar. Non o perdamos de vista...

































Neste documental, CAL VIVA, CAL MORTA, A DERRADEIRA FESTA, podedes coñecer un deses oficios que practicamente desapareceron, e que crearon moita riqueza en Galicia, o de caleiro. E no desenvolvemento da festa, veredes outros oficios que aínda sobreviven, coma o de alfareiro, zoqueiro, etc...


No hay comentarios:

Publicar un comentario