sábado, 17 de diciembre de 2016

BALEIRADO DUNHA PEZA DE ARXILA

Imos ver como facer un baleirado a partir dunha peza feita en arxila, usando escaiola para obter un molde, e unha vez temos o molde, facer un positivo definitivo, neste caso utilizando espuma de poliuretano.
O resultado aínda non o sabemos, pero aquí tedes unhas imaxes moi claras do PROCESO.

-Primero temos que facer un modelado en arxila da peza que queramos obter. Ten que ser unha peza fácilmente DESMOLDABLE. É dicir, non pode ter ocos grandes nin formas que impidan a saída dun molde ou cofre de dúas pezas que fagamos sobre ela. Un busto é unha forma ideal.
Aquí temos un busto rematado en primeiro plano...e en seguro plano, unha impagable imaxen de Alicia modelando con luvas. Unha nova técnica!



Para facer un busto dun tamaño mediano-grande necesitamos construir unha estrutura para que a arxila non se desmorone e aguante durante o resto do proceso. Podemos facer unha sinxela estrutura usando unha táboa de madeira como base, e sobre ela clavar un listón, e rodealo con reixa de alambre, á que lle damos a forma aroximada da cabeza que imos modelar. Sobre ela imos poñendo o barro e modelando a figura. María en acción...



Unha vez rematada a cabeza, separamos cun material impermeable, fino e plano (láminas de lata ou plástico) a forma en dúas mitades, separadas nun corte vertical que non pase por zonas importantes da figura. Sobre a arxila salpicamos ESCAIOLA semilíquida (mesturada con auga) en varias capas (cada vez máis espesas) ata conseguer DOUS PARTES DUN MOLDE, cada unha a un lado da liña que fixemos coas láminas de plástico. É importante que, unha vez seca a escaiola, as dúas partes do molde poidan separarse da figura en arxila, sen quedar soldadas entre sí.
A figura de arxila pérdese e obtemos o molde en negativo desa forma.










Se o molde (e o desmoldeado) están ben feitos, o negativo rexistrará todos os detalles da figura orixinal, que pasarán máis tarde ao(s) positivo(s) que fagamos con este molde.

O que agora é moi importante é tratar a escaiola, que é un material poroso e con tendencia a absorber o que entre en contacto con ela, con unha sustancia DESMOLDEANTE. Ceras, parafinas, vaselina ou xabrón son bos para esto...Como imos facer o positivo cunha sustancia tamén moi pegañenta, temos que combinar dous desmoldeantes fortes. Darémoslle unha capa de CERA LÍQUIDA ao interior do molde, e sobre ela, unha capa máis de xabrón.
A cera líquida quitaralle algo de detalle á peza, pero é preferible esto a que a espuma se pegue á escaiola e nos arruine o traballo.
Poñemos cera a calentar e , en estado líquido a vertemos no interior do molde, e rápidamente a estendemos cos dedos (a cera líquida non queima, derrítese aos 80º) para que non aplane en exceso os valles da figura negativa.












A parte interior do molde queda "encerada e fácilmente desmoldeable. Poderíamos xa facer un baleirado positivo tamén con escaiola ...Pero a ESPUMA DE POLIURETANO que imos usar esixe máis seguridade no desmoldeado do positivo, así que sobre o interior imos darlle ademáis unha capa de XABRÓN para asegurar aínda máis ese desmoldeado.













Feito esto, só queda UNIR as dúas partes do cofre o molde, e unilas FORTEMENTE, porque a espuma de poliuretano aumenta moitas vefces o seu tamaño e tende a expandir o oco no que se inserta. Si frenamos esta expansión faremos que a espuma quede sen poros e cun aspecto máis consistente. Para esto ATAMOS as dúas partes do molde con varias voltas de cinta ou con cordas.
Previamente preparamos un pouco máis de escaiola (aí está José facendo a operación) para SELLAR os bordes do cofre.



























E feito isto, só queda coller a espuma e chear o noso molde (que é máis grande do que parece, son moitos litros os que caben nunha cabeza) de espuma de poliuretano. Deixar o molde cheo de espuma co oco cara arriba..e agardar a que seque.
O luns saberemos en que acaba todo isto...













No hay comentarios:

Publicar un comentario