jueves, 12 de octubre de 2017

COMEZA O CURSO 2017 2018, E O BAC DE ARTES PARA 20 NOVOS ALUMNOS...

E empeza con un traballo forte!...a construcción en tres dimensións, dunha maqueta escala 1:5000 do levantamento topográfico do territorio íntegro do Concello de A Estrada.
Baseándonos nos mapas topográficos en PDF que se poden atopar e baixar de balde nas páxinas da XUNTA ou do MINISTERIO, e imprimindo as follas que corresponden ao noso Concello (que ten presencia nos sectores numerados como 120, 121 e 153) en tamaño A3, os alumnos de 1º bac están a levantar o relieve marcado nos planos en ISOCOTAS que marcan diferencias de altitude de 5 metros (escollen as liñas alternas que rematan en 0 para simplificar o traballo).
Con papel carbón, cúter, cartóns e cola, e sobre todo, con moita paciencia e un enorme traballo colectivo, (que aínda vai ser máis colectivo cada vez) o concello está a medrar ante os nosos ollos, e pronto a maqueta estará rematada. Despóis haberá que pintala, marcar cotas máximas de altitude, ríos, cidades, aldeas e vilas, estradas e zonas de interese...e poderemos colgar o resultado nalgunha parede (grande).
Aquí temos vídeos e imaxes do traballo...


Benvidos a este bacharelato e AVANTI!

video










jueves, 15 de junio de 2017

ORLA fín de Bacharelato dos alumnos de Artes Plásticas!!!

Aquí está a orla dos alumnos que cursaron o Bacharelato de Artes Plásticas entre 2015 e 2017... Por orden de aparición Ariadna, Laura, Brais, Jessica, Diego (editor da orla), María Villamor, Paula, Sergio, María Brea, Miguel, Jennifer, Guillermo, Julia, Yábsera, Evelyn, Nuria e Noelia.
Todos colaboraron no traballo fotográfico, e no deseño. Que pasedes tan bo verán como o que mostra esta imaxen, que pronto colgará na aula de Debuxo Artístico, e teñades moita sorte nesta etapa que comeza...Ata sempre!!




viernes, 2 de junio de 2017

miércoles, 31 de mayo de 2017

sábado, 20 de mayo de 2017

Un vídeo sobre a viaxe de 4ºESO

Outra vez nós, os alumnos de 4ºESO, rememoramos a nosa viaxe a Italia. Esta vez fixemos un vídeo os membros de Kukuru Productions, un pequeno grupo con obxectivos moi grandes.
O vídeo está no noso canal de Youtube. Esperamos que vos guste a recopilación de bós momentos que tivemos todos xuntos por terras italianas.

Dalle a like se che gustou e suscríbete para ver máis traballos feitos por nós. Moitas grazas!

domingo, 7 de mayo de 2017

Excursión de 4º ESO, unha viaxe a Italia.


 Algúns alumnos de 4º fumos de vacacións a Italia na excursión de fin de curso. Visitamos Milán, Bérgamo, Florencia e Bolonia. Cada lugar era moi especial e en todos houbo anécdotas que sempre recordaremos.

 A cidade na que máis estivemos foi en Milán xa que alí tiñamos o hotel. Paseamos polas súas rúas tanto de noite coma de día e puidemos ver perfectamente o Duomo, unha catedral enorme e fermosísima.
Duomo
Galerías Victor Emmanuele II
Tamén nos chamaron moito a atención as Galerías Victor Emmanuele II,: as súas cúpulas, a súa cor dourada e as súas pinturas. Todo parecía estar feito ao detalle e tamén as tendas e os escaparates eran bastante chamativos.

No Castelo Sforzesco vimos a súa particuliar arquitectura e a súa perfecta simetría combinadas ca natureza. E, falando de natureza, o máis impresionante respecto a combinación desta e de edificios foi o Bosco Verticale, un proxecto moi fermoso.
Castelo Sforzesco


Paseo en bus, visita ao cadro de Leonardo e visita á igrexa
Tamén en Milán disfrutamos dunha viaxe no autobús que nos levou pola cidade cunha guía explicando e puidemos ver "La última cena" de Leonardo. Non perdemos o tempo e, mentres esperábamos a quenda para entrar a ver o fresco, visitamos unha igrexa que estaba ao lado.
O día seguinte, saímos cedo para visitar Florencia e Bolonia, pero tivemos un leve contratempo. O plan era chegar en 3 horas pero tocounos un conductor (chamado Concetto) que non tiña moita idea de como chegar, e esas 3 horas convertíronse en 6 duras horas cheas de maeros e fame. Pero a pesar diso, para Florencia non tivemos palabras e, aínda que tivemos pouco tempo para vela, é unha cidade que merece realmente a pena. Persoalmente, eu querría volver nun futuro porque Florencia é moi máxica. Unha cidade de conto na que o que máis nos impresionou foi a catedral de Santa María del Fiore.

Florencia
Despois de pasar por Florencia, fumos a Bolonia para ver os seus encantos. Foi un paseo moi bonito e divertido.

Bolonia
O xoves tocou o Lago di Como ao que tivemos que ir en tren que, por certo, foi moi divertido e unha experiencia nova para algúns. Ao chegar todos quedamos impresionados da inmensidade do lago e do paisaxe. Todo era moi fermoso e había moita natureza. Dimos un paseo e paramos a descansar. E, despois de pasar un momento xuntos, volvemos a Milán para durmir.

Lago di Como
A última cidade italiana que visitamos foi Bérgamo, na que puidemos comer e descansar todos xuntos. Foi un bo momento en grupo e a cidade era moi acolledora, familiar e bonita.


Para rematar, quero dicir que esta non foi só unha viaxe para ver Italia e algunhas das súas marabillas, senón que foi unha viaxe moi instructiva. Aprendimos a ver as cidades e a súa arte dende outra perspectiva, practicamos inglés e aprendimos italiano, probamos as comidas típicas dos lugares aos que íbamos, algúns tivemos as nosas primeiras experiencias indo no avión ou no tren, coñecimos aos profesores que nos acompañaron, fixemos bos recordos en todos os sitios aos que fumos... E, sobretodo, coñecimos mellor aos nosos compañeiros e compañeiras xa que o destino non é tan importante como ca xente ca que vaias, e é certo. Todos unímonos moito máis e pasar case unha semanas cos amigos é algo moi bonito que queremos repetir.

 Por último, queremos dar grazas a todo o mundo que colaborou na excursión, xa sexa comprando as cousas que vendíamos para gañar diñeiro ou mesmo á axencia por organizar esta fermosa viaxe. Pero en especial agradecemos aos mestres que viñeron connosco e sentimos as molestias que igual causamos. Pero sen vós tampouco poderíamos realizar tal experiencia. GRAZAS.


miércoles, 5 de abril de 2017

PRACTICANDO COA CÁMARA

Despois de facer unhas prácticas coa cámara estenopeica, os alumnos de 4º ESO de EPVeAV probaron os conceptos básicos da fotografía coa cámara do Centro (e tamén con algúns dos seus móviles): distancia focal, profundidade de campo, velocidade de obturación, iluminación, etc...
Estas son algunhas das imaxes que saíron de aí.
Agora, á volta de vacacións, agárdanos todo un proxecto: A ORLA dos compañeiros de 2º BAC, os que rematan estudios este curso.
Empezaremos con istó á volta de Milán...


Nestas dúas imaxes, onde posan Tatiana e Sandra, vemos como na primeira (onde a distancia focal é longa, de 105 mm), a profundidade de campo é moi reducida e fai que Sandra quede moi desenfocada. Ao mesmo tempo, ao usar un teleobxectivo, as formas do fondo son máis realistas xa que anúlase o efecto deformador da perspectiva.
Na segunda (d.f. de 24 mm -gran angular-) a profundidade de campo aunmenta e todo sae máis enfocado. En cambio as liñas do fondo aparecen deformadas (curvadas9 polo efecto da perspectiva.
O ángulo maior do encuadre nesta última fai que A DIFERENCIA DE TAMAÑO entre as dúas aumente, facendo moito máis pequena a Tatiana, e tamén restándolle protagonismo con respecto ao fondo, mentres que Sandra, ainda que apareza desenfocada, cobra máis protagonismo porque o seu tamaño relativo é maior.


Nestas dúas imaxes, onde o protagonista é Daniel, vemos a importancia da DISTANCIA FOCAL no resultado obtido nun RETRATO. o gran angular (24 mm de distancia focal) DEFORMA a súa cara con respecto a la realidade: non aparecen as orellas, agranda o naris e fai máis pequena a barbilla. Ademáis, fai que o fondo saia moi enfocado e dalle un protagonismo excesivo.
Na segunda (105 mm de D.F.) as facciones de Daniel recobran as proporcións reais e ademáis restan importancia ao fondo, xa que a PROFUNDIDADE DE CAMPO faise moito máis reducida e só sae enfocado o protagonista, dándolle ao fondo un tratamento máis irrelevante.



A VELOCIDADE DE OBTURACIÓN é moi importante, si o que queremos é "conxelar" o movemento (velocidade alta) ou facelo visible en forma de barridos ou obxectos movidos (velocidade baixa). Unha velocidade estandar pode considerarse máis ou menos en 1/100 segundos.
A velocidade moi alta precisa iluminacións moi fortes para compensar o pouco tempo de exposición. A velocidade moi baixa pode ser útil para espazos moi pouco iluminados, pero fará necesario o uso do trípode para inmovilizar a cámara, e rexistrará calquera movemento como un barrido, que pode interesarnos ou non.
Esta imaxen foi feita con unha velocidade de 1/8000, compensada con unha apertura de diafragma de F/6,3 (moi aberto para un día tan soleado que precisaría máis un F/22, pero con unha velocidade tan alta é preciso "abrir" máis o diafragma). Son necesarias unhas condicións de moita luz, sobre todo se traballamos con un teleobxectivo, como é o caso, para que se poida facer unha foto con unha velocidade tan alta,
O efecto de inmovilización de formas en movemento, fluídos, etc, é moi visible e impactante, xa que os nosos ollos non poden alcanzar a ver esa magnitude de detalle tan rápidamente.


O uso de REFLECTORES, flashes ou luces que compensen unha luz puntual tan forte como a do sol, pode suavizar as sombras fortes, aínda que produza un certo efecto de irrealidade, como nesta imxen de Roi, na que Carmen fixo de asistente portando un reflector, que obviamente non vemos na imaxen, á dereita da zona visibla da mesma.


Se a foto se fai en interior, coa iluminación estable e controlable dos focos, temos que buscar tamén suavizar e distribuir ben a luz no rostro da modelo, evitando sombras fortes, tendo coidado con reflexos, zonas de excesiva luz ou escuridade, usando puntos de luz que compensen, reflectores, ou o que precisemos ou nos poidamos permitir.
O fondo e o escorzo do propio modelo poden axudar a obter unha boa foto, como esta de Tatiana


Unha cámara non é unha máquina produtora de obxectividade, é un accesorio, unha prolongación da persona que está detrás, e como tal, non todo é planificación nin racionalidade, hai veces que a intuición funciona, como o fai noutros campos da creatividade. Mesmo o azar pode ser un bo aliado, como nesta imaxen de Aroa, na que nin o enfoque é o adecuado nin nada, empezando pola pose, foi premeditado (de feito é un disparo casual), e aínda así resulta unha foto interesante e viva...


sábado, 25 de marzo de 2017

Máis Fotos de Cámara Escura

Parece mentira que estas fotos, dos alumnos de 4º Eso, estean feitas con nada máis que con caixas de cartón, un pouco de cartulina e cinta aillante...pero así é...es se non o creedes, vinde para a seguinte e facede de modelos para eles. Non sairedes tan guapos, pero seguro que menos movidos...





















EXTRARADIO#4

Aquí está o programa 4 de EXTRARADIO. O tema de debate esta vez é...O TEMA


jueves, 23 de marzo de 2017

VIAXE DE 4º ESO. MILÁN / FLORENCIA / BOLONIA /BÉRGAMO

A finais de vacacións de Semana Santa comezará a VIAXE fin de ESO que os alumnos asistentes levan tanto tempo preparando, e para a que só quedan días. Este é o primeiro planning das actividades que imos facer alí, está aberto aínda a propostas e modificacións. Nos enlaces podedes ver os percorridos pola cidade, distancias e tempos en google maps. Recordade que o xantar será polo camiño, xa que é a comida que teremos que facer pola nosa conta, e as ceas serán en restaurantes próximos ao Hotel, onde sí teremos o almorzo.

DÍA 16 DE ABRIL, DOMINGO

O voo directo de Ryanair sae as 16 10 do aeroporto de Labacolla en Santiago de Compostela.
Haberá que estar neste aeroporto dúas horas antes, as 14 10. Alí nos presentaremos co equipaxe preciso para non ter que facturar (trolley de 55 x 40 x 20 e menos de 10 kgs mais bolso de man).
O avión chegará ao aeroporto de Bérgamo ás 19 15, e alí agardaranos un bus que nos levará ata o Hotel Cristallo, no centro de Milán (Vía Scarlatti 22).


A opción máis cómoda será instalarnos no hotel, desfacer as maletas, cear e sair dar unha volta nocturna por Milán:
Podemos facer un percorrido ata o DUOMO, a praza da imponente catedral gótica, centro da cidade vella. A entrada na Catedral custa dous euros, aínda que neste momento estará pechada, pero volveremos e quen quera poderá visitala por dentro.




Veremos tamén, xusto ao lado, as Galerías Victor Emmanuele II, o pai dos centros comerciais actuais, unha enorme galería de ferro e cristal construida en 1865 e deseñada por Giuseppe Mengoni.






Pasaremos andando polo cuadrilátero de la moda e polo famosísimo Teatro Scala de Milán.




Este percorrido é de 2,9 km (uns 37 minutos andando).

Aquí temos dúas opcións: quedar pola zona da praza ata volvtar ao Hotel, ou continuar o camiño ata máis ao sur, concretamente ata a máxica, xoven e nocturna zona de NAVIGLI, os canáis deseñados nada menos que por LEONARDO, aínda que a súa construcción e moi anterior, de fai case mil anos.
Hoxe estos canáis, que se utilizaron para carrexar o mármore para o doumo, ou para levar as balas de papel para o periódico Corriere della Sera, non teñen o uso comercial que tiveron e son un punto de encontro da mocidade milanesa, e as súas beiras están cheas de bares e locais.





O percorrido total Hotel-Duomo-Naviglio é de 4,9 km, unha hora de paseo. No camiño del Duomo ata Naviglio pasaremos por outro interesante punto de encontro da xuventude da cidade, e unha das poucas, pero moi ben conservadas, ruinas romanas na capital lombarda, a columnata de San Lorenzo...16 columnas do século II




O percorrido nocturno deste primeiro día sería, se o facemos enteiro, de 5 km de ida máis 5 de volta. Se vemos que, ou ben é moito para facer a pé, ou ben faise tarde, temos tres opcións:

-Facer só o tramo hotel-duomo (2,9 km ida e 2,9 volta andando).

-Ir en metro directamente dende o hotel ata a Porta Ticinese (entrada ao barrio de Navigli). Un billete sinxelo custa 1,90 (liña verde o 2 dende a estación Central- preto do hotel- ata a estación de San Agostino, a 10 minutos andando ata Navigli. Empezariamos o percorrido en Naviglio e andariamos de xeito inverso ao explicado, e só andariamos os 5 kilómetros dun traxecto

-Ir andando o percorrido explicado pero volver en metro, liña verde dende San Agostino ata o Hotel. Para esta opción temos que ter en conta que o metro pecha as 00 30 horas.

Decidamos o que decidamos, pasaremos a nosa primeira noite en Milán, e espertaremos ao bullicio desta gran capital do comercio e o deseño europeo, o luns 17 .


DÍA 17 DE ABRIL, LUNS

O planning é aproveitar un dos DOUS percorridos no bus turístico de Milán. Tomaremos a nosa primeira prima collazione no hotel, e sairemos de mañá a facer este percorrido de tres horas. Despóis desto, poderemos visitar a cidade pola nosa conta. Temos o que resta do día para disfrutar. Hai varias cousas que paga a pena ver:

-O Castelo Sforzesco, unha fortaleza do Século XIV, que alberga numerosos museos, a meirande parte dos cuales podedes visitar gratis os menores de 25 anos.




-No museo do Novecento, xusto ao carón do DUOMO, poderedes ver esta pintura (titulada Quarto Stato, pintada en 1901, e representativa do realismo social) de Giuseppe Pelliza, que serviu para o cartel da película Novecento, de Bernardo Bertolucci.


-Na Pinacoteca de Brera poderemos ver, se vos apetece, moitas e interesantes pinturas de pintores como Rafael, Caravaggio, Mantegna...é unha das mellores colecións de arte de Italia, e pode ser visitada gratuitamente se sodes menores de 18 anos.




- O BOSCO VERTICALE de Milán é un dos atractivos contempioráneos desta cidade, e a mostra da súa potencia nos campos do deseño e a tecnoloxía. Un proxecto arquitectónico espectacular, levando a sostenibilidade ata o extremo, obra do estudio de arquitectura BOERI, e terminado no 2014.




Esta é unha proposta do percorrido que poderíamos facer durante todo o día (descontando a visita guiada en bus). Non temos que visitalo todo, só é unha guía, e tamén está condicionada a que o día anterior, domingo, poidamos visitar os canais de Navigli. Se non foi así, fariamos hoxe luns esa visita  e acortariamos o percorrido do día.


DÍA 18 DE ABRIL, MARTES

Hoxe a visita estrela é o fresco de Leonardo, LA ÚLTIMA CENA, a famosísima pintura tantas veces parodiada e versionada (mesmo polos nosos excompañeiros e exalumnos da cuarta promoción do Bacharelato de Artes). Temos cita alí as 11 30 e 11 45. Na primeira tanda entrarán 25 personas e na segunda o resto (non se admiten visitas de máis de 25 personas). Esto está no Convento de Santa María della Grazie. Teremos que ir camiñando ata o duomo (hai que almorzar cedo), e de ahí coller o Corso Magenta, unha das rúas máis interesantes da cidade, ata o lugar.




Como vedes, a versión dos alumnos mellorou notablemente o orixinal...



Moi preto desta obra temos o Museo de Ciencia e Tecnoloxía Leonardo da Vinci. Achegarémonos ata alí e se alguén quere poderá entrar. É un dos máis importantes do mundo e paga a pena velo, aínda que o ingresso custa 7,50 (para menores de 25, 10 para maiores. Podemos facer dous grupos, para os que queiran entrar e os que non, que poderían achegarse á zona da Colonna de San Lorenzo, ou ao duomo.






Despois temos todo o que resta do día para xantar, pasear pola cidade e ver cousas, tendo en conta que temos tamén outra viaxe no bus turístico que poderiamos facer pola tarde.
Se algunha cousa quedou sen ver no planning dos días anteriores, poderemos vela este día.




DÍA 19 DE ABRIL, MÉRCORES .FLORENCIA E BOLONIA.

Tras almorzar o máis temprano posible, sairemos máis ou menos ás OITO da mañá nun bus a FLORENCIA que virá á porta do hotel. Temos o bus contratado por 13 horas, así que hai que contar con voltar as 9 para a cea, olo que a saída non se debe demorar máis tarde das 8 da mañá.
O noso destino é a capital da Toscana, Florencia, unha das cidades máis impresionantes e bonitas do mundo, unha vila de conto, epicentro da eclosión de arte que foi o Rexurdimento no que hoxe é Italia.
*A nosa visita dunhas catro horas comezará na Porta Romana, de ahí ao Palazzo Pitti, dende o que cruzaremos o río Arno polo espectacular Ponte Vecchio, construido con casas colgantes, que na súa orixe medieval foron carnicerías, pero debido ao mal cheiro que producían sustituíronse polo negocio máis fino das xoierías.
Cóntase que nesta ponte orixinouse o termo bancarrota, xa que os proveedores dos comerciantes,  cando un tendeiro deudor non podía pagar unha débeda, catigábanlles co destrozo do seu posto de comercio (banca). Na ponte, espectacular dende fóra e dentro, poderemos ver tamén un busto a Benvenuto Celini.


*o percorrido proposto é baixar do bus na Porta Romana, inclúe 50 minutos camiñando. O bus de volta nos recolle na Piazza della Libertá. O total a camiñar son 3,8 km. A parada para comer será o máis breve posible, durante o camiño, para facer a visita o máis aproveitable posible.



Tras esta visita iremos cara a Praza da Signoría, presidida por el Palazzo Vecchio, ca súa inconfundible torre, e plagada de imponentes esculturas, entre as que destaca coma unha luz o David de Miguel Ángel.



 Ainda que non é o que o artista esculpeu en mármore con só 25 anos, senón unha réplica exacta feita no século XIX, co fín de protexer a orixinal, obxeto de varias agresións.
A orixinal atópase na Galería da Academia, non lonxe da praza, e quen queira poderá visitala (ainda que aí haberá que pagar a entrada).
Malia que o David é o "famoso", hai outras moitas esculturas que non lle andan moi á zaga. A primeira que nos chamará a atanción é o poderoso e maxestuoso Hércules e Caco, de Baccio Bandinelli, tamén do Rexurdemento. Frente á perfeción e pulcritude de Miguel Ángel no David, o Hércules ten a forza do tosco, da imperfeción, a brutalidade e paixón que aínda se transmite a través da pedra 500 anos despóis de presidir a praza.


Pero non reamata aí a cousa, se fai un pouco vimoslle a cara a Benvenuto Cellini, agora veremos, nesta praza, a súa máis coñecida escultura, Perseo coa cabeza de Medusa. Unha obra dunha presencia tan forte como foi a personalidade do seu autor, o orfebre e escultor manierista, cunha biografía chea de paixóns e vivencias, entre as que non falta o seu paso polo cárcere, acusado de dous asasinatos,
O artista, que tamén ten obra en España (Escorial, Madrid, crucifixo), decideu exactamente o emprazamento no que hoxe segue atopándose a escultura cinco séculos despóis.


A fonte de Neptuno, de de Bartolomeo Ammannati preside o centro pa praza, unha escultura uns anos posterior ás anteriores, feita polo autor citado e por algúns dos seus alumnos.


Temos tamén dous esculturas de Donatello. Son o Marzocco (león heráldico) e Judith e Holofernes, réplicas das orixinais, que se atopan en museos da cidade



Despóis de visitar a praza poderemos xantar (temprano) algo rápido, e perdernos polas preciosas rúas vellas cara o diamante desta cidade,





A CATEDRAL DE SANTA MARÍA DEL FIORE son moitas obras de arte nunha, e aínda coa variedade de xenios que interviñeron nela, ten unha unidade e identidade difíciles de atopar noutras construcións deste tipo. A cúpula de 100 metro de alto de Filipo Bruneleschi (a que que quera poderá subir -o prezo é de uns 10 euros-) , o Campanile de Giotto, o abraiante baptisterio exento, fóra da construción central, de Ghiberti, os frescos da cúpula de Giorgio Vasari...un atracón, demasiada beleza para asimilar nunha tarde...

E como a visita a Florencia non é eterna, e nesta cidade ás veces fai moito calor, consumiremos o que queda da visita paseando pola zona vella, simplemente mirando esta cidade, a que, seguro, VOLVEREDES. A nosa capital, Santiago, ten o listón moi alto, pero Florencia...Florencia só hai unha.


E xa de volta, co mareo producido polo síndrome de Sthendal, pararemos unha hora na cidade de Bolonia. Non hai tanto tempo como en Florencia, así que pasearemos con un percorrido non moi largo para ver as principáis zonas da cidade.
Como curiosidade, decir que Bolonia é coñecida en Italia pola súa cociña (que ser coñecido en Italia por isto xa é moito dicir) e que a salsa boloñesa, como non é moi dificil deducir, saíu de aquí.
Tamén salientar que xa non estamos nin na Toscana nin na Lombardía, senón na rexión intermedia de Emilia Romagna, da que Bologna e capital, como Milán o é de Lombardía e Florencia da Toscana.

Achegarémonos á Piazza Maggiore, presidida pola Basílica de San Petronio, coa fonte de Neptuno (outra) moi preto, a só uns pasos.




Iremos logo cara a praza de Santo Stéfano, que moitos consideran a máis bonita da cidade. Unha praza acolledora e tranquila, non por elo menos interesante...



O resto do tempo pasearemos pola zona vella, e polos famosos soportales da cidade...

A volta deixaranos no hotel (ou onde sexa a cea) as 9...cearemos e poderemos estirar un pouco as pernas paseando ata o duomo...


DÍA 20 DE ABRIL, XOVES . LAGO DI COMO

Hoxe toca visitar o Lago di Como, un impresionante escenario natural onde se xuntan alta montaña e as augas mansas do gran lago, antesala de Suiza, e un enclave espectacular, onde faremos unha ruta adaptada ao tempo que teñamos.
O plan e saír en tren de liña (que xa temos pagado) máis ou menos as 10 e voltar pola tarde, sobre as 6. Pasaremos alí unha mañá/tarde tranquila, paseando en contacto coa natureza e cos bonitos pobos que salpican a ribeira.




Para rematar o día, xa de volta, teremos tempo para despedir esta cidade, Milán, a capital da Lombardía, a segunda rexión máis próspera de Europa, cuna das artes, e epicentro do deseño, a tecnoloxía...unha cidade coa potencia económica da europa do norte e a maxia da Europa do Sur.
Arrivederci, Milano !!



DÍA 21 DE ABRIL, VENRES. BÉRGAMO- A ESTRADA.

 Despóis do almorzo temos que abandonar o hotel (antes das 12) así que podemos aproveitar, e marchar para a localidade onde está o aeroporto, a veciña BÉRGAMO, unha das sorpresas de Italia, cidade non moi turística e xoia non moi coñecida, que empeza a selo máis dado o uso do seu aeroporto para os que vixan a Milan con Ryanair, como é o noso caso.
A cidade está dividida entre a parte alta, amurallada, e a baixa. A alta é un exemplo de conservación único dunha cidade medieval, e ten ricones que paga moito a pena ver.
A piazza Vecchia e a do Duomo son os lugares máis bonitos, ainda que quen coñece esta cidade dí que paga a pena perderse polas súas rúas, así que iso faremos (sen perdernos de todo).





Pasearemos por esta bonita cidade para despedirnos de Italia. antes de despegar rumbo a outra cidade medieval, que, porqué non dicilo, tamén é moi bonita.
O bus nos deixará no aeroporto ás 17 15 (o colleremos na cidade 15 minutos antes), xa coas nosas maletas agardando.
O avión saerá as 19 15 horas do aeroporto e chegará a Santiago de Compostela as 22 horas.