miércoles, 8 de febrero de 2017

POP ART ICONS EN OURENSE

O pasado 7 de febreiro fixemos unha agradable visita a Ourense, para ver a mostra POP ART ICONS, unha exposición dalgúns dos históricos do Pop Art americano.
Aquí podedes ver o cartel, e unha foto da visita (en breve haberá máis), na que a guía fixo unha breve ainda que interesante explicación histórica sobre este movemento, e a súa influencia na cultura popular da segunda metade do século XX e no XXI.



Aproveitamos para visitar a Escola de Arte Antonio Faílde, unha escola de moito interese para os estradenses, xa que a súa especialidade raiña (aínda que ten outras moi interesantes) é DESEÑO DO MOBLE.




O seu director, César Taboada, e todo o personal da Escola foron moi amables con nós, abríronnos os talleres...e déronnos moita, moita envexa. Pero as portas da EASD están abertas para os nosos alumnos que queran formarse alí, a beira do Miño, nesta bonita cidade, que deixamos despóis de facer a obrigada visita as Burgas e salpicarnos un pouco os uns aos outros...
Ata outra, Ourense!!!

Imaxen do CUT OUT de Marilyn que nos deron como agasallo no centro cultural MARCOS VALCÁRCEL...



E xa que falamos de DESEÑO, aquí unhas imaxes dun deses museos dos que non se fala moito, pero que é unha visita enormemente interesante e da que se pode aprender moitísimo: O Museo do Deseño de Barcelona. Un dos centros expositivos máis noviños da sempre sorprendente capital de Cataluña, emprazado na zona "nova" que xurdeu ao rematar o "Forum", xunto a Torre Agbar.
Se ides por BCN, non dudedes en visitalo !!!













No hay comentarios:

Publicar un comentario