lunes, 6 de marzo de 2017

MOAI ESTRADENSE

 O equipo A

No taller de VOLUME estamos a construir (se se deixa) un MOAI de mediano tamaño, baseado nun desenvolvemento que atopamos e mercamos na rede (hai moitos, de formas moi variadas e interesantes, só tedes que buscalos en etsy, pinterest...).
Coa inestimable axuda da nai de Ainoa Iglesias, que nos deu varias caixas de electrodimésticos, comezamos o traballo, con Ivette aos mandos do DEBUXADO en planos recortables das pezas sobre cartóns.
Tras recortalas, as ensamblamos usando ferraxes de papelería, para o que tamén foron de gran axuda os alumnos de Plástica de 4º, sobre todo Aroa, que aproveitou a súa axilidade para meterse no monstruo e pechalo por dentro, deixándo rematado o armazón.



Pero esto estaba só no comezo....recheamos a figura de papeis de libros vellos e decidimos si ía ser emprazada no INTERIOR ou no EXTERIOR do centro...

E tomamos a decisión máis complicada: EXTERIOR...tiñamos que rechear a figura de cemento portland e despois rematala por fora con cemento impermeabilizante.
Para comezar, impermeabilizamos con plástico a base da figura




Din que os habitantes da illa de Pascua tiñan que facer moito esforzo para mover os seus moais de pedra...pero nós fixemos case o mesmo esforzo en tentar evitar que o noso moai se estragase...
O tempo húmido fixo que o cemento non fraguara rápidamente, e a forza expansiva do líquido abriu grietas nas paredes de cartón, deformando a cara de moia ata facerlle pór unha mueca de cabreo...seguramente axudaron o noso xeito artístico-chapuceiro, pero finalmente triunfante.

Pouco a pouco fixémonos cos mandos do xigante...recheámolo de cemento e de moitos, moitos libros vellos (este home si que estudiou, ten na cabeza libros de texto para moitas vidas) e aplicámoslle unha lixeira capa no exterior. Todo elo grazas aos capataces de obra José e Miguel, que ademáis nos amenizou a velada co seu impagable show...
E así, cansados, co pelo cheo de cemento, chegamos ao fin das clases, agardando que isto fragüe e poidamos seguir adiante co noso amigo o xigante....mañá máis e mellor...























No hay comentarios:

Publicar un comentario