viernes, 21 de diciembre de 2018

Foto - collages

Trabalhos de colagem fotográfica realizados por alunos/as de 1º de Bach. na matéria de Cultura Audiovisual:

 2018

 Xian Fernández 

 Alba Vázquez

 Ana Gestoso

 Brais Loureiro

 Diego González

 Jennifer Servide

 Laura Montero

 Marta Pampín

 Nerea Mosteiro

 Antía Barcala

 Rosa Rivadulla

 Saleta Vázquez


2017

 Uxia Silva

 Jennifer Servide

 Andrea González

 Sandra Moreira

 Marcos Puente

 Miriam Núñez

 Saleta Vázquez

 Javier Escariz

 Jacqueline Reimóndez

Andrea González

Paula Pereiras

viernes, 12 de octubre de 2018

TODO O QUE LEVAMOS DETRÁS

Comeza o curso 2018 2019, e non hai mellor maneira de comezar a andar que visitando as dúas magníficas exposicións que se poden ver (unha por moi pouco tempo) na Cidade da Cultura.

Unha delas, CASTELAO MAXISTRAL, é unha mostra concebida ao redor do famoso cadro A DERRADEIRA LECCIÓN DO MESTRE, de Castelao, obra que "visita" durante un tempo limitado a nosa capital, e que despois volverá a Buenos Aires, co que a oportunidade para vela en vivo é única.
Nesta mostra se homenaxea non só ao artista senón tamén, e a través da súa obra, á figura do mestre, especialmente deses mestres represaliados e perseguidos durante a guerra civil e a ditadura, aos que esta obra representa dun xeito simbólico.
A faciana do profesor morto, no cadro, representa a de Alexandre Bóveda, tamén executado nos primeiros momentos da guerra civil.
A pesar de que todos os bocetos, pezas, audiovisuais e mesmo unha instalación que imita a unha vella aula, son moi interesantes, a presenza do CADRO do mestre represaliado é demasiado magnética para o espectador, e non podemos evitar pasar tempo diante del, é o que viñemos ver...unha vez pasada a emoción dos primeiros intres, observamos a fluidez e a soltura dos trazos do fondo, as árbores, en contraposición ao acabado máis nítido das figuras protagonistas.
ADLDM é un cadro que hai que visitar varias veces. Paga a pena facelo, porque pode que non teñamos moitas ocasións na vida para velo de preto.










E a outra expo, que rematará o 14 de outubro, é tamén interantísima : Galicia Universal, un fresco da arte en Galicia no último século, que paga a pena ver con detenimento.
Nós tiñamos o tempo limitado, pero é unha mostra na que perderse unha e moitas veces, porque representa dun xeito bastante fiel (aínda que se botan de menos algúns artistas) todo o que levamos detrás, as raíces máis próximas a nós da nosa cultura, os pintores e artistas que crearon o andamiaxe do que hoxe é a nosa cultura visual.

Laxeiro, Urbano Lugrís, Castelao (de novo), un xovencísimo (e medio galego) Picasso, Antón Faílde, Germán Taibo, Ovidio Murguía, Maruja Mallo, Luis Seoane, Paco Leiro, Manolo Moldes, Diego Santomé e Carlos Rial son os artistas, por esta orde, cuia obra aparece nas imaxes...ero hai moitos máis, que paga a pena ver.
Se non víchedes a esposición, facédeo hoxe o mañán, porque só quedan dous días!